Mostrando entradas con la etiqueta Anecdotario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anecdotario. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de marzo de 2011

UNHA TRADUCIÓN MOI SABIA

Outra tradución para enmarcar. Nesta ocasión foi realizada por un alumno de 1º de bacharelato. O texto latino é o seguinte:

Socrates doctissimus omnium hominum fuit.

A tradución correcta é:
Sócrates foi o máis sabio de todos os homes.

E a continuación transcribo a xoia de tradución levada a cabo polo estudante:
Sócrates fue un hombre muy sabio que sabía de todo

(Sen dúbida o rapaz tiña un concepto realmente bo de Sócrates).

sábado, 20 de noviembre de 2010

Tradución peculiar

Vela aquí unha desas traducións que ben merece figurar nun libro de disparates deses que de cando en cando se ven nos escaparates das librarías. Fíxoa un alumno de 2º de bacharelato no primeiro exame do presente curso.
O texto latino é como segue:
 "Hic pastor pinguiores oves habet quam oves reliquorum pastorum huius regionis"

A tradución correcta é: 
"Este pastor ten ovellas máis gordas  que as ovellas dos restantes pastores desta rexión."

Vede como  a entendeu o mencionado alumno:
"Este pastor tiene los huevos más gordos que los huevos de los restantes  pastores de esta región"

Realmente o texto estaba correctamente analizado; o problema surdiu cando o estudante confundiu o sustantivo ovis-is (ovella) co sustantivo ovum-i (ovo). 
Moralexa: Cómpre coñecer as declinacións latinas.