martes, 26 de octubre de 2010

Poema (cadáver exquisito)

CADÁVER EXQUISITO
(Alumnos de 4º de E.S.O. A do I.E.S. O Couto)



En la primavera blanca
De tus senos en flor,
    Despierto en mitad de la noche,
      Se me quiebra el aliento y el alma.

      A través de tus ojos de miel
            Con la imagen del demonio en la mente
Susurrando heridas  y suspiros,
                                                        Veo un mundo hermético
Plagado de pasiones esotéricas
Que funden nuestros deseos
 Al anochecer
Por ese amor no correspondido.

            En la opacidad tranquila de las sombras
Se cruzan las miradas sensuales
  En la noche de inciertas tinieblas
Envueltas en eróticos azahares.
¡Oh amor menoscabado!

Te espero en mi soledad
Con una triste melodía
Y lejos muy lejos
En los anhelos del recuerdo
Oigo un cántico  apasionado y extraño.



------------------------------------------------------------------------------------------------------------


EXQUISITA CARO DATA VERMIBUS
( Translata ex romanico  in latinum. Discipuli 4º  E.S.O. A.  I.E.S. Coutus).



In vere albo
Florentium pectorum
In media nocte insomnis
Halitus almaque franguntur.

Per mellis oculos
Diaboli imagine in mente
Susurrans vulnera suspiraque,
Orbem clausum video
Ignobilium libidinum plenum
Quae in nocte
In umbrarum sedata opacitate
Cupidines nostras conflant.
Non mutui amoris gratia

Conspectus libidinosi
Ultro citroque cursant
In nocte incertarum tenebrarum
Implicati in amatoriis floribus.
Oh amor immminute!

Ego in solitudine mea te spero
Inter maestam melodiam
Et procul, procul
In  memoriae desideriis
Singulare vehemensque carmen audio.




domingo, 24 de octubre de 2010

Primeiras manifestacións de poesía lírica romana

PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS DE POESÍA LÍRICA ROMANA.


Principiamos a exposición do tema facendo unha introducción sobre o concepto de lírica.
Segundo Gilbert Highet, os poemas líricos son cancións. A sùa orixe primeira está nos ritmos de danza, nas melodías populares e nos esquemas verbais de cancións que cada pobo elaborou para si mesmo. Nos nomes de case tódalas especies de lírica podemos percibir o canto ou a danza. Balada (como baile, como ballet) vén de ballare, ‘bailar’.Un sonetto è un ‘sonecito’,un cantarcillo. Oda e himno son simples palabras gregas que queren dicir canciòn. Coro significa ‘danza de ronda’. Salmo e lírica equivalen a ‘música de harpa’. Lírica significa música para lira.
Os gregos adoitaban falar de música “mélica” (de melos ‘canto’, palabra que deu orixe á voz melodía).
A poesía lírica faise máis intensa e complexa cando se desprende da música e da danza. Esa perda acostumase compensar revestíndose dunha rica melodía verbal e adornándose con esquemas sonoros (consonancia ou asonancia) que se mesturan e entrecruzan, producindo unha fascinadora música de vocais e consoantes, e expresándose en frases fermosas que cantan por si soas. A rima desenvolveuse nos últimos tempos da Idade Media.
O único que nos queda da poesía lírica grega e romana son as palabras; e, aínda así, pouco chegou ata os nosos días. Case todo foi destruído ou desapareceu por descoido durante a Idade Escura. Os poemas de Safo están perdidos, salvo uns poucos versos soltos, igualmente case tódolos de Alceo, a meirande parte dos de Píndaro así como os de moitos poetas gregos coñecidos só por algunha cita e dos que unicamente se conserva algunha palabra. En latín temos,entre outros, os catro inapreciables libros de Odas de Horacio, Algúns poemas líricos de Catulo, a obra dalgún poeta de terceira categoría como Sidonio Apolinar e algunha xoia anónima, como a Vigilia de Venus. En total poucos poemas e case todos difíciles de entender.
Grosso modo, podemos dicir que a poesía lírica entre os romanos foi un producto limitado ó ámbito literario, non arraigado no costume social, ideado para ser lido ,non cantado, con predominio da vertente monódica frente a coral (dúas excepcións notables son o Carmen Saeculare de Horacio e o canto das doncelas en honra de Xuno composto por Livio Andronico).
Agora ben, aínda que as obras mencionadas sexan todas elas posteriores ó século III a.C., non podemos pasar por alto a existencia en época preliteraria (s.VII – III a.C.) dalgunhas composicións denominadas carmina nas que inevitablemente se pode rastrexar o espírito lírico.

O CONCEPTO DE CARMINA.

O termo carmina,(plural de carmen), orixinariamente, incluía non só composicións versificadas, senón tamén os oráculos, as máximas morais, as fórmulas máxicas, os preceptos xurídicos, etc. Material moi heteroxéneo en canto ó contido, pero cun certo ritmo na forma , que tiña como finalidade facilitar a súa fixación na memoria. Os carmina son, pois, prosa rítmica con cola equilibrados, rima e aliteración(os cola, singular de colon, son secuencias mètricas nas que cabe recoñecer un esquema recorrente). Neste senso son artísticos . A composición é deliberada e artificial cun propósito determinado: producir un formalismo da lingua mesurado e solemne, adecuado para unha ocasión cerimoniosa.
Sen embargo, non tódolos carmina que coñecemos de época preliteraria son líricos, algúns como os carmina convivalia eran posiblemente composicións de carácter épico - heroico. Outros como os carmina fescennina poden considerarse precedentes da sátira e, como xa indica Tito Lívio, do drama romano. Como líricos pódense estimar o carmen fratrum arvalium, o carmen saliorum e a pregaria a Mars pater. Vexámolos brevemente de xeito individual:



O CARMEN FRATRUM ARVALIUM.

Tamén chamado carmen arvale ( de arvum, campo cultivado ), é o máis antigo.Procede do século VI ou V A.c. Era cantado por un grupo de sacerdotes chamados fratres arvales, que constituían un colexio sacerdotal de doce membros, consagrados á deusa agrícola Dea Dia (Ceres). .No mes de maio celebraban unha procesión polo campo, co obxecto de rogar ós deuses colleitas abundantes.Levaban na procesión unha cabra preñada e cantaban este carmen conservado nun mármol do S. III d.C. Presenta unha lingua moi arcaica, de tal maneira que resultaba inintelixible para os propios romanos da época clásica. Os versos, aínda que desiguais, considéranse saturnios, versos longos compostos por dúas cola. O colon primeira posúe, polo xeral, un ritmo ascendente e o segundo un ritmo descendente.


O CARMEN SALIORUM.

Os salios (saltadores), eran os sacerdotes do deus Marte, encargados do seu culto e da custodia dos anciles ou escudos sagrados. Plutarco, na súa Vida de Numa, conta que os salios deben o seu nome ós saltos que daban cando no mes de marzo levaban en procesión os escudos sagrados polas rúas de Roma, vestidos cunha túnica de púrpura, con longos tahalís de bronce e un casco, de bronce tamén, na cabeza, e facendo resoar os escudos a golpes que lles daban de plano coa folla das súas curtas espadas.
A festa que nos describe Plutarco e que incluía tamén ademais dos saltos de danzas, o canto de himnos, repetíase no mes de outubro. Do seus himnos, a estructura métrica dos cales era descoñecida incluso para Cicerón, a penas se conservan uns poucos fragmentos.


A PREGARIA A MARS PATER.

Para rematar o tema, subliñemos que a pregaria a Mars pater é un interesante documento, que nos foi conservado gracias a unha cita de Catón (De agri cultura. 141). Trátase dun carmen que recitaba o pater familias durante a volta ritual (ambarvalia) que debía dar en primavera á súa posesión agrícola. Nesta pregaria achamos membros de frases rítmicas, asíndeton, trípticos progresivos con -que como sufixo, aliteración e rima ; finalmente liñas e fórmulas que se repiten, relacionándoo todo. En definitiva, as ideas da pregaria vanse desenvolvendo nun movemento rítmico e circular, o que produce unha estructura solidamente trabada.

Manuel Rodríguez Santos

Omnia - Odi et Amo (vídeo musical)

Hor che Seneca e morto, cantiam... - Jaroussky, Vidal (ópera)

O pensamento de Séneca (artigo)

O PENSAMENTO DE SÉNECA: UN SISTEMA VÁLIDO PARA O DÍA DE HOXE.

PINCELADAS SOBRE O PERSONAXE:

O esplendoroso Imperio Romano, nos revoltos primeiros séculos da nosa era, camiña inexorablemente cara á súa destrución, tras abandonar os valores dos seus ancestros. Ante este panorama desolador, érguese a filosofía estoica coa pretensión de ensinar os auténticos valores para evitar a decadencia. Lucio Anneo Séneca, un dos seus máximos representantes, móstrase convencido da importancia da educación filosófica en aras da prosperidade social.

Este personaxe naceu en Córdoba no ano 4 a. C. no seo dunha familia celosa das tradicionais virtudes romanas. Marchou de neno a Roma para educarse. Cumpridos os dezaoito anos, entrou en contacto coa filosofía estudando as distintas correntes: estoicismo, pitagorismo, eclecticismo, etc. Séneca foi unha mente aberta a todo o que fose coñecemento. Considerando o estoicismo a filosofía moral máis adecuada para o seu tempo, inclinouse por ela, se ben fuxiu sempre de todo o que significase dogmatismo.

Tras unha viaxe por Exipto por causas de saúde, retornou a Roma e iniciou a súa andadura política. Neste campo defendeu, de acordo con Platón, a necesidade dun gobernante filósofo educado nos principios éticos para levar a bo porto a cousa pública. Acusado de adulterio por Mesalina, esposa do emperador Claudio, foi desterrado a Córcega, onde permaneceu durante oito longos anos. Morta Mesalina, a nova dona de Claudio, Agripina, confioulle a educación do seu fillo Nerón. Iniciouse entón para Séneca unha etapa de prosperidade.

Os primeiros dez anos do imperio de Nerón foron un modelo de bo goberno. En realidade, quen levou as rendas do poder durante esta etapa foi Séneca. Despois, Nerón foise tornando cada día máis difícil de controlar sumindo a Roma no caos e no terror; por esta razón, Séneca retírase a unha das súas posesións deixando tódolos seus bens ao propio emperador.

Tres anos máis tarde, no 65 d.C., no seu retiro recibe a noticia da súa condena a morte acusado de colaborar na frustrada conspiración de Pisón. Como podía elixir a forma de morrer, mandou que lle abrisen as veas.

A HUMANIDADE EN SÉNECA:

Séneca pertence a esa casta de antigos filósofos que nos trae o espertar da razón sacándonos das nosas ensoñacións; nembargante, a razón de Séneca, máis que unha razón pura é unha razón dulcificada. É unha especie de médico que, burlándose do rigor do pensamento, proporciónanos o remedio para aliviarnos e consolarnos. Séneca é un mediador entre o logos establecido pola filosofía grega e a vida do home humilde. Séneca ofrécenos consolo ante a morte dos seres queridos, ante a enfermidade, ante a perda de riquezas... Tende cara ao home da rúa unha mirada misericordiosa para darlle o que necesita. Así, Séneca vai dalgún xeito a ocupar o posto da Igrexa que aínda non existía; e esa é a razón pola que esta case o ten admitido dentro dela. El é o escritor máis citado polos moralistas. Supón, en certo modo, a entrada da humanidade na razón antiga.



A RESIGNACIÓN:

En ningún estoico aparece tan nitidamente como en Séneca a idea última do estoicismo: a resignación. Pero trátase dunha resignación que intenta eludir a vida mentres chega a morte como se a vida fose esvarando por ela suavemente e sen lamentarse. Ante a morte inevitable, Séneca defende o tempo e a vida; por iso, sempre aconsella unha actividade incesante “para non estar mortos antes de morrer” e unha distribución do tempo ante a morte que está sempre presente levándose cada hora, cada minuto de nós. O noso autor levou ao último extremo na súa vida e na súa morte esta resignación. A morte de Séneca é a morte dun suicida que desaparece sen alterar a natureza en cuxa alteración está o verdadeiro mal. Séneca morreu con elegancia e sen pranto retardando a súa morte o máis posible. El, que sempre loitara co medo á morte, realmente morreu sen temela.

INFLUENCIA E ACTUALIDADE DE SÉNECA:

A actualidade do pensamento de Séneca queda de manifesto nas seguintes verbas de Angel Ganivet: “Cando eu, sendo estudante, lin as obras de Séneca quedei atordado e asombrado, coma quen, perdida a vista e o oído, os recobra repentina e inesperadamente.....” Realmente Séneca exerceu un poderoso influxo sobre os seus contemporáneos e sobre a posteridade como ensaísta filosófico e como poeta. Sen perder de todo o seu enlace cos antigos valores romanos, Séneca desenvolveu unha moralidade orientada máis ben ao inidividuo e a súa interioridade. A esta posición correspóndelle o feito de ter descrito con exactitude os estados da alma humana. Tamén é moderna a súa humanidade, por exemplo, a súa consideración humana do escravo considerado na época como simple obxecto. O cristianismo viu nel un parentesco espiritual e ata un cristián secreto, incluso inventou unha correspondencia epistolar súa co apóstolo S. Paulo.

Tamén é moral a intención das súas traxedias. Estas, destinadas ao recitado, se ben teñen a súa base nos clásicos gregos, foron, nembargante, o antecesor do drama clásico e italiano. Tamén exerceron influxo sobre o drama isabelino e non en poucas ocasións sobre Shakespeare.

Así, pois, a modo de colofón podemos afirmar que Séneca non só é o autor clásico que mellor permite ao home actual tomar contacto co pensamento pagán, senón tamén un personaxe cuxa postura ante o eterno dilema do home fronte á morte segue tendo plena vixencia.


Manuel Rodríguez Santos