sábado, 23 de octubre de 2010

Eurídice (poema)

EURÍDICE

Cando por vez primeira
probei o néctar dos teus beizos
arrebatados,
sentín a forza inmortal
dos Olímpicos.
Empoleireime, entón,
na cima cálida
das túas mamas en flor
e embriagueime coa ambrosía
da túa quente pel;
logo mirei os teus ollos
de mel que me falaban coa dozura
do himeneo
e estreitei o teu corpo
crebadizo
convertido en desexo.
Ansiei, entón, conducirte
ao altar do meu corazón, e
ti, Eurídice tenra,
fuxiches pasaxeira
arrincada do meu peito
entre sombras e vapores cabalgando.

                                     (Manuel Rodríguez Santos: Poemario infinito)

No hay comentarios:

Publicar un comentario