sábado, 23 de octubre de 2010

Penélope (poema)

Penélope

Chegou a hora xa, Penélope,
de destecer os fíos do sudario nunca rematado.
De desandar, Odiseo,
os océanos infinitos,
os sendeiros de Hades tenebroso.
Chegou a hora de que as ermas mulleres,
as enxendradas na Noite,
concedan unha tregua ás tesoiras funestas
de Atropo insensible.
Chegou a hora para o vástago de Exeo
de desandar os pasos ensanguentados de Minotauro,
enxendro pecaminoso da infiel Pasífae
e do touro branco nado das escumas mariñas,
de acoller no teu leito para sempre
a Ariadna, femia apaixonada e redentora.
Chegou a hora de Clitemestra arrepentida.
Chegou a hora túa, Odiseo errante,
a da   memoria renovada,
a de Circe sedutora.
A ansiada fin dos turbios recantos,
a hora de Ítaca sagrada.
Benaventurada hora do amor e da patria!

                                          (Manuel Rodríguez Santos: Poemario infinito)

No hay comentarios:

Publicar un comentario